Preguntas Frecuentes
CONCURSO ESCOLAR HAZLO VERDE 8.ª EDICIÓN 2023/2024
QUEN PODEN PARTICIPAR?
No Concurso Escolar Hazlo Verde, poden participar todos os alumnos e alumnas dos centros educativos españois públicos, concertados e privados, escolarizados en Educación Primaria (de 3.º a 6.º curso), E.S.O (de 1.º a 4.º curso), FP Básica e Educación Especial.
Para iso, establecemos tres categorías de participación.
- CAT. A: clases de 3.º e 4.º curso de primaria
- CAT. B: clases de 5.º e 6.º curso de Primaria.
- CAT. C: clases de 1.º a 4.º curso de E.S.O. e FP Básica.
O Concurso contempla a participación de clases de Educación Especial, sempre que teñan entre 8 e 16 anos. Formarán parte da categoría que o/a docente de cada clase considere que se adecúa máis ao desenvolvemento madurativo e intelectual do seu alumnado.
No caso de que o Concurso observe discrepancias, poderá solicitar ao centro escolar un documento asinado pola dirección que acredite que a categoría de participación seleccionada se corresponde co nivel do alumnado participante.
COMO SON OS GRUPOS DE PARTICIPACIÓN?
Toda a clase participará formando un só grupo e presentando un único traballo desenvolvido entre todos os alumnos e alumnas ou elixido a partir das distintas propostas que puidesen ter traballado en grupos máis pequenos.
No caso de que un/unha docente participe con varias clases, cada unha deberá presentar un traballo diferente. Neste sentido, unha clase equivale a un traballo presentado.
PODEN OS ALUMNOS REXISTRARSE E PARTICIPAR POLA SÚA CONTA?
QUE TRABALLO EXTRA SUPÓN PARA O/A DOCENTE?
Este programa está integrado no currículo educativo. Por iso non supón ningún traballo adicional. O material didáctico que facilitamos permite que cada educador/a desenvolva na clase (en función do seu tempo e posibilidades) os contidos e actividades que considere oportunos para introducir os seus alumnos e alumnas na temática do Concurso e facilitar o seu posterior traballo de participación.
O grao de implicación na supervisión e axuda aos seus alumnos e alumnas no desenvolvemento do traballo de participación será decisión de cada profesor/a. O/A docente unicamente se compromete a explicarlles a actividade e a facernos chegar posteriormente os seus traballos de participación.
CAL É A VINCULACIÓN DO CONCURSO HAZLO VERDE COAS COMPETENCIAS CLAVE?
Este programa de sensibilización ambiental e os seus materiais didácticos desenvolvéronse en base ao Currículo e poden traballarse de forma específica nas seguintes materias.
Educación Primaria: Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural; Educación Plástica e Visual e Educación en Valores Cívicos e Éticos.
Educación Secundaria: Bioloxía e Xeoloxía; Xeografía e Historia; Tecnoloxía e Dixitalización; Educación en Valores Cívicos e Éticos, e Economía e Emprendemento.
Con todo, se queres saber máis, podes consultar as competencias clave e a vinculación curricular completa nos MATERIAIS DIDÁCTICOS.
É OBRIGATORIO REALIZAR AS ACTIVIDADES DAS UNIDADES DIDÁCTICAS?
Non. O programa escolar proporciona ferramentas, dinámicas e exemplos para facilitar ao profesor ou profesora a tarefa de introducir ao seu alumnado como deben de ser os fogares do mañá, redeseñando os espazos do fogar e buscando solucións habitacionais como o emprego de materiais ecolóxicos, enerxías renovábeis, xestión da auga, etc. Con todo, recoméndase aproveitar estes contidos.
QUE TRABALLO SE PRESENTA NESTA EDICIÓN?
Cada clase terá que elixir un espazo do fogar entre 5 posibilidades: salón, cociña, dormitorio, baño, xardín.
Unha vez elixido, terán que pensar todas as ideas que se lles ocorran para facer máis sustentábel ese espazo.
Para iso, terán á súa disposición criterios que deben ter en conta na sección Material Didáctico da web, en base aos 5 eixos que promoven unha casa sustentábel: redución e optimización da auga / enerxía eficiente / autoconsumo e enerxías renovábeis / economía circular / saúde e ambiente (xestión de residuos, consumo responsábel).
Posteriormente terán que plasmar como grupo-clase as súas ideas nun modelo de Power Point onde poderán engadir fotos, vídeos, texto, etc. Este modelo estará dispoñíbel na Área Privada do profesor e na sección de Material Didáctico da web. Unha vez enchido o modelo, un por cada grupo-clase, deberá compartirse o arquivo a través da Área Privada do profesor.
COMO ENVIAMOS O TRABALLO?
- Unha vez enchido o modelo, gardade os cambios e subide á nova creación a vosa Área Privada na web.
- Facede clic na sección "Subir traballo".
- Na sección "Título", escribide o título ou frase da túa clase para o traballo presentado (máximo 140 caracteres).
- Indicade a estancia seleccionada e explicade brevemente o motivo polo que a elixistes.
- Incluíde o arquivo PPT no apartado destinado a tal efecto.
- Recibiredes no correo electrónico unha mensaxe automática que confirme que se subiu correctamente.
- Por último, facede clic no botón “Confirmar traballo”. Unha vez que fagades clic nese botón, xa non se poderá modificar nada do que se subiu e o proxecto pasará a ser valorado polo xurado.
- Recibiredes no correo electrónico unha mensaxe automática que confirme que se enviou correctamente.
- Mentres quede subido e non “confirmado” poderedes modificar o proxecto, editalo, cambiar o título, etc.
PODEN OS ALUMNOS E ALUMNAS TRABALLAR DESDE CASA?
Por suposto. Unha vez que o/a docente lles explique como debe ser o traballo que teñen que presentar, os alumnos e alumnas poden dedicar todo o tempo que queiran ao desenvolvemento do seu traballo fóra da aula.
E SE TEMOS MÁIS DÚBIDAS SOBRE COMO FACER O TRABALLO OU CALQUERA OUTRA CUESTIÓN PEDAGÓXICA?
Non pasa nada. Podedes contactar connosco e axudarémosvos. Un equipo de profesionais resolverá as vosas dúbidas. Para iso, chamade ao 900 670 686 (teléfono gratuíto) ou ENCHEDE ESTE FORMULARIO.
Tamén podes consultarnos no número de Whatsapp 686 980 767.