Propoñémosche unha serie de dinámicas grupais para profundar sobre as claves dunha casa sustentábel e a súa relación coas solucións habitacionais que garanten a sustentabilidade.
Para iso, poderán facer un pequeno estudo de campo que lles facilitará o seu traballo de participación.
Pide aos teus alumnos e alumnas que se agrupen por equipos de 2 a 5, en función do número de alumnos/as que teñas na clase.
Unha vez estean os grupos configurados, pide que elixan a estancia que van investigar e descarga o modelo de debuxo.
Pide a cada grupo que reflexione sobre as problemáticas e que debuxe as súas solucións nos modelos da estancia e, por último, que a monten para obter un prototipo tridimensional.
Tomando como punto de partida os 5 eixos sobre os que debe xirar unha casa sustentábel e os elementos clave que deben ter as súas estancias, pide aos teus alumnos e alumnas que reflexionen sobre os devanditos aspectos e debuxen as súas solucións de forma creativa.
Poñede en común as investigacións e sacade vosas propias conclusións, de forma que vos axuden a enfocar o voso traballo de participación.
Se queres seguir aprendendo:
Lembra que podes solicitar os nosos obradoiros con voluntarios/as para seguir profundando nos aspectos dunha casa sustentábel.
Impartido polos nosos/as voluntarios/as, para os grupos inscritos no programa escolar, da etapa de Primaria.