O programa de acción educativa de Leroy Merlin para impulsar a responsabilidade ecosocial e a sustentabilidade entre a xuventude.
O seu obxectivo é sensibilizar os escolares de 8 a 16 anos sobre hábitos sustentábeis empezando polo máis próximo: as nosas casas. Desde aí podemos aforrar auga, enerxía, reciclar… e moitas cousas máis para conseguir un futuro sustentábel.
Hazlo Verde ofrece: materiais didácticos gratuítos adaptados á LOMLOE para o alumnado de 3.º a 6.º de Primaria, E.S.O. e F.P. Básica, e obradoiros ambientais para a clase impartidos polo equipo de voluntariado de Leroy Merlin.
Ademais, as clases poden participar nun Concurso Escolar nacional, que ten como propósito promover a xeración de ideas para crear fogares máis sustentábeis e que premiará os mellores proxectos con xornadas na natureza e un premio económico de 2000 € nunha experiencia para a clase.
Na súa 8.ª edición, propón aos participantes un novo reto: cambiar o planeta desde casa. Deste modo, descubriremos que é un produto ecodeseñado e cales son os criterios do ecodeseño, o que nos permitirá entender como conseguir un consumo máis responsábel nos nosos fogares. Porque un fogar sustentábel está nas túas mans!